Tuna

Hai anos lin esta frase: “Cando todos os días resultan iguais é porque o home deixou de percibir as cousas boas que xorden na súa vida cada vez que o sol cruza o ceo”. Supoño que estas cousas son as que lle cambian a un a vida. Para mal, naturalmente. A frase lina de maneira automática, como dixo hai pouco Ildefonso Falcones (o autor matou o personaxe): “Hai que ler sen pensar”. Supoño que iso foi o que me salvou, porque a frase é de Paulo Coelho, a tuna da literatura universal. Lembro un tempo no que lin El alquimista a proposta dun amigo que xa non o é: un tende a eliminar sen moitos miramentos a xente que se permite este tipo de licenzas. O que xa non sabía é o que vén de contar Jaureguizar en El Progreso: que Paulo Coelho ten Twitter, e que por alí escriben Confucio e ata el mesmo (Coelho, non Jaureguizar). Nese Twitter seu Coelho ten moitos ‘followers’, e precisamente é iso o que sempre me preocupou de Coelho e as súas parábolas de budista pasado de MDMA, da mesma maneira que penso que o mal non é que exista Charles Manson, senón que haxa quen lle faga caso. E xa sabe como acabaron os ‘followers’ de Manson: non mellor do que poden acabar os de Coelho.






Thursday, September 3, 2009; 1:45 AM
CHOWCHILLA, Calif. — Susan Atkins, the terminally ill Charles Manson follower who admitted stabbing actress Sharon Tate 40 years ago, lost what was likely to be her last bid for freedom Wednesday.
Escrito el 3.09.09 a las 12:32