Se canta lo que se pierde

Cando en Galicia se emprende unha aventura de tantas páxinas e determinadas proporcións, fálase da gran novela da literatura galega. Pasou con Caneiro (A vida nova de Madame Bovary), con Rivas (Os libros arden mal). E con vostede? Xerais xa di que o seu libro vai para clásico.
Son cousas que se as din os demais, é bonito escoitalas. Eu quería satisfacerme a min mesmo. En parte, tamén, aínda que iso influíu menos, tiña como ambición encher un oco que ao meu ver existía na literatura galega. Cando empecei coa idea deste libro non saíran os de Caneiro e Rivas. A narrativa galega é de libros curtos, de relatos, onde hai grandes mestres. E de novelas non moi longas. A mellor novela da literatura galega, con todas as reservas, é A esmorga, de Blanco Amor. Eu cando tiven unha historia que me pedía unhas dimensións determinadas, dixen: ‘Vou tentar facelo’.
A súa escrita é un valor moral? O seu estilo literario representa unha certa ética?
Si, desde logo. A prosa medida e honrada é a cortesía mínima dun autor cos seus lectores. Ti podes presentarte de calquera maneira, case salvaxemente, diante dos demáis, ou podes presentarte ordenando todo e ofrecéndoo da maneira más limpa posible. E esa limpeza persoal e mesmo moral é a que da o coidado co que un traballa as páxinas.
Para escribir hai que vivir?
Tamén escribir é vivir. O traballo de inventar un mundo, e as súas persoaxes, conleva vivir aí dentro. E ben, dicía Machado: «Se canta lo que se pierde». Un vive, e no tempo que lle chega a nostalxia recupera o vivido coa escrita.
Luís Rei (na foto de Rosa González) presenta hoxe Monte Louro en Pontevedra (Café Moderno, 20 horas): aquí a entrevista enteira.

